Premio: XVIII Certame de Poesía Concello de Carral

XVIII Certame de Poesía Concello de Carral

Eva Veiga, gañadora desta edición

O Concello de Carral convoca a décimo oitava edición do seu certame de poesía co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística de Cultura.

O Premio de Poesía Concello de Carral iniciou a súa andaina en 1997 e hoxe constitúe un dos certames literarios máis prestixiosos de Galicia, dotado con 2.000 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Espiral Maior.

As persoas interesadas en participar nesta nova edición poden remitir as súas obras, cun mínimo de 500 versos, á Biblioteca Pública Municipal de Carral. O prazo de admisión de orixinais estará aberto desde o 3 de febreiro ata o 10 de abril de 2015.

Estado do trámite: Resolto

Comparte