Abstracción racional: Centro Galego de Arte Contemporánea: 25 de febreiro-8 maio 2011

Autor/a: Navarro, Mariano
Abstracción racional: Centro Galego de Arte Contemporánea: 25 de febreiro-8 maio 2011
Material textual - Publicación electrónica en liña - Libro
ISBN-13: 978-84-453-4983-0
Idiomas: Inglés, Castelán, Galego
Edita: Consellería de Cultura e Turismo, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2011
Temas: Arte, Música
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 168
Sinopse
No longo periplo da abstración, de cuxa partida logo fará un século, é constante a súa deriva en dous sentidos opostos e complementarios: ben polo camiño que prima a expresión inmediata, espontánea e directa, ben polo que se orienta segundo o cálculo, o rigor e a norma. Nas dúas últimas décadas, pintores procedentes de tradicións nacionais moi diferentes coinciden, non obstante, nun entendemento común, que sustenta as súas prácticas nunha base racional, que non constitúe nunca un sistema impositivo e pechado, e que se abre ao impulso momentáneo e impensado do artista. O catálogo da exposición Abstración racional reúne obras de catro pintores de distintas nacionalidades que, nin constitúen grupo ou colectivo organizado, nin pretenden facelo: o norteamericano Richard Aldrich, o portugués José Loureiro e os españois Nico Munuera e Juan Uslé.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 30.00

Comparte