Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Pasaporte das letras galegas

É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego. Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, e depositados na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca, ás 18:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos. Entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.

Galego

III Carreira Camiño das Letras - Manuel María

Proba cultural e deportiva que se celebra por terceiro ano, antes das das Letras Galegas, nesta ocasión o día 15.

Cun percorrido de 11 quilómetros pola ruta xacobea desde A Lavacolla ata o Estadio de San Lázaro, a carreira, organizada por Xurdir SL, combina o simbolismo do Camiño de Santiago e mais o seu atractivo cultural e turístico coa conmemoración do Letras Galegas, que este ano a Real Academia Galega lle dedica ao poeta chairego Manuel María.

Para nenos e nenas, a carreira volverá contar cun percorrido especial, a partir das 11. 30 horas.

Galego

Día dos Museos 2015

Neste 2015, a Cidade da Cultura celebra o Día dos Museos por partida triple. Do 16 ao 18 de maio, o Gaiás celebra xornadas de portas abertas, visitas guiadas especiais, obradoiros, xogos, conferencias, concertos e todo un programa de actividades baixo o patrocinio de Vodafone que farán que entrar no museo sexa unha experiencia máis que divertida.

Galego

Galiciale

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
10 prazas. É preciso apuntarse en Administración.
 

Galego

Día do Libro - Intercambio de publicacións aberto ao público

Unha nova iniciativa, habitual entre bibliotecas, na que se ofrece ao público a posibilidade de conseguir exemplares dalgúns dos catálogos das exposicións e publicacións do Museo de Belas Artes, que se poden recoller na propia biblioteca a cambio de contribuír coa achega doutros catálogos ou publicacións relacionadas coas áreas temáticas da biblioteca (arte, patrimonio cultural, restauración e conservación, lexislación cultural, museoloxía, didáctica...).

Galego

Día do Libro - Campaña de liberación de libros

Con motivo da celebración o 23 de abril do Día do Libro, a biblioteca acolle esta actividade que ten como obxectivo expandir a cultura máis alá das paredes das bibliotecas e espazos culturais.

Os libros liberaranse por diferentes espazos da biblioteca e as persoas interesadas poderán escoller que libros levar a casa entre unha gran variedade. Despois de lelos, poderán á súa vez deixalos nalgún lugar da nosa cidade para que outra persoa goce coa súa lectura.

Galego

Espazos das familias

Da Asociacion socio-educativa Antonio Gandoy, coordinado por Alicia Lopez Pardo. A Biblioteca facilita un espazo para a formacion de nais e pais, o intercambio de experiencias sobre a primeira infancia e actividades de estimulacion para os nenos e nenas na procura do fomento da parentalidade positiva.

Para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos, do 9 de abril ao 25 de xuño.

Galego

Obradoiro de iniciación á lingua e cultura portuguesas e á lusofonía

Os participantes achegaranse á lingua, costumes e tradicións do pobo veciño e doutros países nos que tamén se fala o portugués.

A actividade forma parte do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia. Precísase inscrición previa, máximo 10 persoas.

Este obradoiro continuará ata o 25 de xuño. En todo, caso consultar as datas e horarios no web da biblioteca.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades