Gala de Entrega de Premios Youtubeiras+
A gala da oitava edición de Youtubeiras+ será o 1 de febreiro de 2025 no Pazo da Cultura de Narón. Comezará ás 19 horas e contará coa presentación de Javi Sánchez Castro (Meiga-i) e a actuación musical de De Ninghures.
Antes, a partir das 17 h, haberá un obradoiro con Toxío (previa inscrición) e ás 18 h terá lugar un aperitivo previo á gala, onde poderás rexoubar ou apostar sobre quen gañará cada premio, tamén verás por alí a Gabri Fuentes cun micro facendo un directo para as nosas redes, coidado que pregunta!