Aberto por vacacións!
Na Sala Infantil atoparedes unha selección de obras para para viaxar, xogar, facer, cociñar, escoitar, ler, ver ... achegádevos e elixide algunha lectura para estes días de vacacións!
Na Sala Infantil atoparedes unha selección de obras para para viaxar, xogar, facer, cociñar, escoitar, ler, ver ... achegádevos e elixide algunha lectura para estes días de vacacións!
O circo do silencio vaise desenvolver en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística en sesións sucesivas de 30 minutos ao longo dunha xornada, nunha pequena carpa circense instalada na rúa. Está pensada para catro xogadores en cada quenda, que terán que resolver en equipo unha serie de enigmas para completaren a misión final.
Chega a Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona” cos Mellores e máis premiados ilusionistas do momento.
Tras o éxito acadado na primeira edición, novos ilusionistas de diferentes partes do planeta veñen dispostos a facernos soñar nun espectáculo único.
2pezas é un pack de dous espectáculos curtos de danza para rúa e espacios non convencionais de dúas compañías de Galicia para todos os públicos.
A raíz de de Daniel RodríguezVestirme de ti de Furia Sotelo.
Idade: > 8 anosDuración: 30 min
O día 2 de setembro haberá unha posibilidade única de admirar a variedade e a autenticidade dos Entroidos Tradicionais de Galicia. A cita é a partir do mediodía na Praza do Obradoiro para continuar polas principais rúas e prazas do centro histórico de Santiago de Compostela.
Queremos convidarvos a ler durante o verán obras que non estean dentro da vosa zona de confort. Como incentivo poderedes participar no sorteo dun lote de libros se nos contades que léchedes e que vos suscitou a lectura. No panel da entrada atoparedes suxestións para estas lecturas descolocadas.
Zona de exposicións da biblioteca. Todos os públicos.
Na Sala infantil tedes un montón de lecturas para pasar un verán máxico
Esta aula didáctica de cultura clásica é un proxecto de educacion patrimonial e cultural que ofrece a realización dun programa de actividades didácticas e talleres relacionados co mundo clásico, facendo fincapé nos vestixios de Lucus Augusti e arredores.
As actividades programadas desenvólvense cubrindo diferentes eixos temáticos: arqueologia, historia, arte,... tratando os distintos temas dun modo lúdico e divertido, utilizando unha metodoloxía diferente á empregada na educación formal.
A que fora grande xornalista do século XX en Europa, cronista para o diario ABC de grandes acontecementos históricos desde Polonia como a Rusia dos Zares, a Revolución soviética, as dúas Guerras Mundiais ou o Stalinismo, Sofia Casanova Lutoslawski (A Coruña, 1861 – Poznan, 1958), será obxecto dunha sesión monográfica este xoves 22 de xuño, a partir das 14.30 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) (Rúa Nova, 9) en Santiago.
Selección de libros e audiovisuais sobre o máxico mundo das aventuras do mago máis famoso da literatura contemporánea co que disfruta o público de todas as idades