Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Neira Vilas, unha vida de compromiso

Dolores Vilavedra Fernández é profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dende 2019 coordina a Área de Artes e Humanidades da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) e entre 2015 e 2021 foi coordinadora do programa de doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura. Especialista en narrativa galega contemporánea, exerce habitualmente a crítica literaria en medios especializados e divulgativos. 

Galego

A mí no me digas que no se puede

O ciclo de conferencias Educación Século XXI é xa un marco de referencia de encontro para todas as persoas integrantes da comunidade educativa. Neste sentido, ademais de contar con numerosos relatores de prestixio que abordan cuestións innovadoras no ámbito pedagóxico, Afundación quere poñer o foco tamén sobre a importancia dunha educación na que os valores éticos sexan a pedra angular.

Galego

A pita cega

Xoga con nós á Pita Cega!

Celebramos o Día do Libro deste ano 2023 propoñéndovos xogar con nós á Pita Cega. A partir do día 24 de abril as persoas usuarias atoparedes na biblioteca libros envoltos en papel de agasallo, que poderedes levar en préstamo. Nos paquetes haberá libros, música e cine, pero non descubriredes de que se trata ata que abrades os paquetes unha vez que os collades en préstamo.

Guía de lectura infantil. Día do libro 2023.

Galego

XI Concurso de Fotografía 2024: Herdeiros da tradición

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio, o Museo Liste - Etnográfico de Vigo convoca unha nova edición do seu Concurso de Fotografía. Este ano baixo o título "Herdeiros da tradición".

A proposta deste ano convida a captar, ex profeso para o concurso, aqueles oficios ou ocupacións que no seu devir, froito dos cambios tecnolóxicos e sociais, permitan unha análise a través da fotografía das súas escenas, ámbitos, equipos e ferramentas dando conta da tradición, da herdanza, da permanencia e, como non, da inevitable innovación. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades