Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ciclo de conferencias do Camiño de Fisterra e Muxía: Antón Pombo

A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, composta polos concellos de Ames, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Negreira e Santiago de Compostela, promove un ciclo de conferencias que ten como obxectivo á posta en valor desta ruta e do seu patrimonio, que se estenderá ao longo do mes de novembro no Museo do Pobo Galego.
O xoves 10 novembro, ás 19:00 h. o ciclo continúa coa presenza de Antón Pombo, Historiador e investigador especializado no Camiño, que impartirá a conferencia titulada "Xénese, evolución e realidade actual da Prolongación xacobea a Fisterra e Muxía"

Galego

A miña peza favorita: Norte Verdadero

A Fundación Eugenio Granell presenta unha nova edición da miña peza favorita, unha actividade que se inicia no 1997 e consiste en seleccionar unha ou varias pezas de entre as que forman as Coleccións da Fundación Eugenio Granell para que o convidado elabore un comentario persoal. Trátase dunha proposta aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación, coma na arte ou na figura de Eugenio Granell.

Galego

Ciclo de conferencias do Camiño de Fisterra e Muxía

A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, composta polos concellos de Ames, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Negreira e Santiago de Compostela, promove un ciclo de conferencias que ten como obxectivo á posta en valor desta ruta e do seu patrimonio, que se estenderá ao longo do mes de novembro no Museo do Pobo Galego.
O ciclo inaugúrase o venres día 4 de novembro ás 19:00 h, coa participación de Manuel Castiñeiras, Presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, que presentará "Camiño de Fisterra, cabo do mundo. Valores e significacións".

Galego

Festival da canción científica CSICvisión | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2022

Soñaches algunha vez con cancións de Eurovisión  comprometidas co cambio climático ou que conteñan historias sobre bioloxía, investigación por satélite ou sobre o estado das rías galegas? Se es afeccionado aos festivais musicais non te podes perder o Festival da Canción Científica CSICvisión.

Galego

As Aves que nos rodean

Este martes e dentro da programación do mes da Ciencia nas Bibliotecas teremos unha charla divulgativa para todos os públicos sobre as aves que conviven con nós a cargo de Tomás Cid. Aprenderemos a coñecelas e recoñecelas. 

para todas as persoasinteresadas no noso entorno.

Realizarase na sala de conferencias no andar 0 da Biblioteca. Podedes facer as inscricións chamando aos números de teléfono 988 788385/386

Galego

Carreira Solidaria pola esclerose múltiple

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) lanza un berro de axuda a unha semana da celebración presencial da X Carreira Solidaria ‘Eu Móvome pola Esclerose Múltiple’, que terá lugar o vindeiro domingo 30 de outubro ás 11:00 horas na alameda de Bouzas e que arrinca hoxe na súa edición virtual. Desde a asociación, pacientes e traballadores fan un chamamento á participación social para aumentar o número de inscricións, que ata a data rolda as 500 persoas, cando na súa última edición presencial de 2019 conseguiu reunir a máis de 1.600 persoas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades