Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Encontro Urban Sketchers

A xente de debux.ou (Urban e rural sketchers da provincia de Ourense. Xuntámonos para debuxar o mundo) terán un enconttro este sábado de 10.00 a 14.00h para debuxar a biblioteca e a súa contorna.

Para participar só necesitas traer o teu material de debuxo ;) 

Galego

Xoves xogando

Aprender xogando!

A biblioteca muda a en cancha de xogos na que pequenos, rapaces e familias poderán compartir a súa afección polos xogos de mesa.

Poderedes xogar o xoves 21 e o xoves 28 de novembro en horario de tarde de 16:00 a 20:00

Escolle día, escolle xogo e inscríbete a través do formulario da nosa web.

Galego

De ciencias ou de letras? Experimentos na biblioteca

Texto de presentación da actividade

Quen non escoitou algunha vez na vida o de "ti é de letras ou de ciencias"? Con este obradoiro preténdese demostrar que ambas materias non son incompatibles. Hai só maxia no universo Harry Potter ou tamén ciencia? Que necesitamos para ser uns bos/unhas boas detectives coma os/as que saen nos libros? Serven as matemáticas para facer encantamentos? Descúbreo neste obradoiro!

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (7 a 12 anos)

Duración

60 minutos

Galego

A maxia dos libros

Texto de presentación da actividade

O espectáculo "A maxia dos libros" é unha representación única onde Nami e O Mago da Boina dan vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. Esta experiencia cómica está deseñada tanto para adultos como para nenos, fusionando a maxia cos beneficios da lectura. Unha viaxe fascinante que encantará a toda a familia.

Programa

ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Robótica na biblioteca

Texto de presentación da actividade

Robótica na biblioteca é unha actividade que procura a achega dos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro desde o centro cultural que é a biblioteca. Ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible na súa biblioteca, os e as participantes poderán levar o seu propio robot para a casa.

Programa

Celebración do día das Bibliotecas.

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Literatura afinada

Texto de presentación da actividade

Demostración práctica da riqueza e variedade instrumental da música de raíz a través da nosa literatura.
Achegar ao maior número de persoas a poesía, un xénero literario que se percibe con reticencias dende unha parte do público.
Achegar ao público á cultura musical dende unha perspectiva pedagóxica, aberta, amena e creativa.
 

Programa

Conmemoración Día das bibliotecas

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Descubrindo o mundo coa microbioloxía

Texto de presentación da actividade

Que hai nun charco? por que as plantas son verdes? que é unha célula e por que as temos todos os seres vivos?
Todas estas preguntas e moitas máis pódense contestar neste divertido obradoiro científico, orientado á microbioloxía, con 4 cousas: un microscopio, un pouco de auga, un anaco de cristal e moita, moita curiosidade
Poñede a vosa bata que chega o noso laboratorio!

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (5 a 14 anos)

Duración

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades