A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Residencia Literaria 1863 da Coruña veñen de convocar a V Residencia Xacobeo para persoas tradutoras de literatura galega, co obxectivo de estimular e promocionar a tradución de obras literarias en galego, así como impulsar as letras galegas no exterior.
Esta quinta convocatoria é unha nova oportunidade para que un tradutor ou tradutora literaria que proxecte verter unha obra orixinalmente escrita en galego a calquera lingua do mundo poida facelo nunhas condicións de excelencia e mergullándose da cultura que as viu xermolar.
Poderá concorrer á convocatoria Residencia Xacobeo calquera persoa tradutora, maior de 18 anos, de obras de literatura en galego, en calquera xénero literario e para calquera lingua do mundo
As solicitudes deberán presentarse antes do 15 de decembro ás 22.00h no enderezo electrónico: 1863coruna@gmail.com.