Aviso: Proxectos beneficiados das axudas a festivais do sector audiovisual

Proxectos beneficiados das axudas a festivais do sector audiovisual

A AGADIC publica a resolución destas subvencións

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica a relación de proxectos beneficiarios e contías concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 248, do 29 de decembro de 2014),  pola que se aproban as bases das subvencións a festivais do sector audiovisual que teñan lugar entre entre o 1 de novembro de 2014 e o 31 de outubro de 2015:

  • Asociación Cultural Enfoques  -   XI Play-Doc (Festival Internacional de Documentais de Tui)     23.820,90 €
  • ESE8 Asociación Cultural  -   (S8) 6ª Mostra Internacional de Cinema Periférico     18.542,14 €
  • Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela  -   XII Festival de Cans de Curtametraxes 2015     22.196,08 €
  • Auditorio de Galicia  -   XXVIII Cineuropa 2014. Edición 2014     17.463,30 €
  • Concello  do Carballiño   -  Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga 2015)     3.052,40 €
  • Freakemacine  -   FKM 2015 (Festival de Cinema Fantástico da Coruña)     4.925,18 €

Ligazóns

Comparte