Aviso: Premios Camiño de Santiago 2015

Premios Camiño de Santiago 2015

A Axencia Turismo de Galicia publica no DOG a Resolución do 31 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Os Premios Camiño de Santiago institúense co obxecto de distinguir as iniciativas públicas e privadas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago; así como aquela outras que supoñan novos servizos ou a innovación e mellora daqueles que se prestan aos peregrinos, e as accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, difusión e a posta en valor do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.

Comparte