Aviso: Prezos de venda ao público de publicacións editadas por Cultura
Prezos de venda ao público de publicacións editadas por Cultura
Orde do 30 de marzo de 2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.
A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala no seu artigo 6 a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes. Por este motivo, e logo de informe favorable da Consellería de Facenda, Cultura publica no Diario Oficial de Galicia:
Primeiro. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería.
Segundo. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído
Relatorio de publicacións:
– Céltiga. 1925-1926. 5,75 €.
– A universidade. Raíces e desafíos de futuro. 15 €.
– Cadernos Ramón Piñeiro (XXV). Roberto Vidal Bolaño. Escritos sobre teatro. 7 €.
– Álvaro Cunqueiro (1911-1981). 6,70 €.
– Croa. Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga (núm. 23, ano 2013). 11 €.
– A obra narrativa en galego de Fortunato Cruces. 7 €.
– Patrimonio documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos. 16 €.
– Cadernos Ramón Piñeiro XXVI. Rosalía na cobiza do lonxe. 5,60 €.
– Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía. 6,50 €.
– A restauración no museo. Criterios e intervencións. 10 €.
– Museo do Castro de Viladonga. 10 €.
– Sur le dandysme aujourd’hui. Del maniquí en el escaparate a la estrella mediática. 20 €.
– Mingos Teixeira. Galicia na alma. México no corazón. 13 €.
– Manual práctico de documentos administrativos e xurídicos. 15 €.
– Curso de linguaxe xurídica. Nivel superior. 12,32 €.
– Curso de linguaxe xurídica. Nivel medio. 12,32 €.
– Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Cartas a Fermín Penzol. 7,70 €.
– Informe de literatura 2012 (CD). 8,20 €.
– Cadernos de fraseoloxía galega 15. 9,50 €.