Aviso: Formalización do contrato dos servizos técnico-organizativos de Cultura nas Feiras do Libro de Galicia 2015
Formalización do contrato dos servizos técnico-organizativos de Cultura nas Feiras do Libro de Galicia 2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Resolución do 10 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a organización e o desenvolvemento da xestión técnico-organizativa de todas as actuacións que vai desenvolver esta consellería nas feiras do libro de Galicia 2015 (contratación documentalmente simplificada).
Formalización do contrato:
a) Data da adxudicación: 30 de marzo de 2015.
b) Data da formalización do contrato: 10 de abril de 2015.
c) Contratista: Montajes de Congresos del Noroeste, S.L.
d) Importe de adxudicación: 54.214,87 €, IVE excluído.