Aviso: Novo modelo de axudas ao cine
Novo modelo de axudas ao cine
O Consello de Ministros aproba un real decreto lei para a concesión de subvencións anticipadas
O Consello de Ministros do Goberno central aprobou o 14 de maio de 2015 un real decreto lei polo que se modifica o réxime de axudas denominadas á amortización na produción de cine, presentes na Ley del Cine de 2007, e substitúense por unha nova liña de axudas anticipadas á produción de longametraxes sobre proxecto, que convivirán coas tradicionais axudas selectivas a proxectos.