Aviso: Concurso EduEmprende Idea 2015

Concurso EduEmprende Idea 2015

Dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán participar aqueles alumnos que se atopen matriculados no curso 2014/15 en calquera dos centros de Galicia sostidos con fondos da públicos.

A participación será en grupos que oscilarán entre os 2 e os 4 compoñentes.

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade (Modalidade A para os alumnos de ciclos de grao superior, e Modalidade B para os alumnos de ciclos de grao medio).

A dotación económica será igual para as dúas modalidades, sendo os premios:

  • 1º. 3.000,00€.
  • 2º. 2.000,00€.
  • 3º. 1.000,00€.

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 28 de maio de 2015 ata o 26 de xuño de 2015, e deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica (co código do procedemento ED523A), ou no seguinte enderezo Subdirección Xeral de Formación Profesional, Edificio administrativo de San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

O prazo de resolución será como máximo de 4 meses.

Estado de trámite: En trámite

Comparte