Aviso: Axudas a 26 compañías galegas para producir os seus novos espectáculos escénicos

Axudas a 26 compañías galegas para producir os seus novos espectáculos escénicos

Resolución das subvencións de Agadic de 2015 para este ámbito

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica a relación dos proxectos subvencionados e non subvencionados, así como as puntuacións e contías adxudicadas ao abeiro da súa convocatoria de subvencións á produción escénica para 2015, de acordo coas bases publicadas no Diario Oficial de Galicia núm. 43 do 4 de marzo de 2015.

En total, son 600.000 euros en axudas para a produción dun total de 26 espectáculos escénicos galegos de distintos formatos e estilos

Comparte