Aviso: Charlas-concerto para descubrir o Pergamiño Vindel a través da música

Charlas-concerto para descubrir o Pergamiño Vindel a través da música

Que é o Pergamiño Vindel? Cal é a súa relevancia musical? Como soaban as cantigas de amigo? Con que instrumentos se tocaban? Estas e outras preguntas atoparán resposta nas charlas-concerto O Pergamiño Vindel e a música no tempo de Martín Códax, os sábados do mes de novembro de 2017, nas que a conversa alternará coa música ao vivo.

O grupo Pres de Cambrai, nun formato de charla-concerto, emprenderá nos obradoiros unha viaxe ao pasado a través da música dos trobadores, na que se interpretarán diferentes mostras da música dos séculos XII e XIII. Para iso empregarase unha nutrida colección de réplicas de instrumentos medievais.

 

As actividades son gratuítas, previa inscrición.

 

Calendario

4 de novembro. 18.00 h
Museo do Mar de Galicia. Vigo

 

11 de novembro. 17.00 h
Illa de San Simón. Redondela

(saída en barco desde o porto de Cesantes)

 

18 de novembro. 18.00 h
Casa da Navegación de Baiona. Baiona

 

25 de novembro. 19.00 h.
Sala de Exposicións do Auditorio De Cangas. Cangas

 

Documentos relacionados

Comparte