Aviso: Integración da Axencia de Lectura Municipal de Riotorto na Rede de bibliotecas de Galicia

Integración da Axencia de Lectura Municipal de Riotorto na Rede de bibliotecas de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolve a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Riotorto. 

A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros. O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses.

Ligazóns

Comparte