Aviso: Xornada sobre a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia
Xornada sobre a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia
Destinada á Policia Autonómica e Garda Civil
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia organiza o día 19.04.2018 na Sala Itinere da Hospedería de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela unha xornada informativa sobre a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural destinada á Policia Autonómica e Garda Civil. Os obxectivos xerais da xornada son:
- Continuar co traballo de sensibilización e coordinación cos diferentes colectivos implicados na cadea de protección do noso patrimonio. Traballo que iniciamos coa xornada destinada a maxistrados, xuíces e fiscais que tivo lugar o pasado ano.
- Crear un espazo de diálogo entre a administración da Xunta de Galicia e os corpos de seguridade con competencia na materia no que reflexionar, debater, suxerir e mellorar os protocolos de actuación.
Esta segunda xornada de sensibilización terá continuidade con outras dirixidas os demais colectivos implicados na proceso de vixilancia e protección do patrimonio cultural, como son a Administración Local e a Igrexa.
O programa da xornada é o seguinte:
09.30 h Apertura da xornada. Jesús Oitavén Barcala, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
10.00 h O réxime de protección
Isabel Novo Castro, asesora xurídica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
Dolores Rivera Frade, maxistrada da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
11.30 h Rolda de preguntas
12.00 h Pausa café
12.15 h Os camiños de Santiago. Antonio Díaz Otero, xefe de servizo de Protección e Fomento do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
13.00 h O procedemento sancionador. Henrique Salas Ellacuriaga, xefe de sección de Protección do Patrimonio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
13.45 h Rolda de preguntas
14.30 h Xantar
16.00 h Os delitos sobre o patrimonio. O comercio ilícito. Álvaro García Ortiz, fiscal delegado de Medio ambiente, Urbanismo, Patrimonio e Incendios de Galicia
16.45 h Rolda de preguntas
17.00 h Protección do Patrimonio arqueolóxico. María Luísa Pérez Rodríguez, arqueóloga da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
17.45 h Rolda de preguntas
18.00 h Peche da xornada. María del Carmen Martínez Ínsua, directora xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
18.15 h Visita guiada ao Museo e ás cubertas da Catedral de Santiago