Aviso: Xornada informativa sobre o programa "Europa cos Cidadáns" en Lugo

Xornada informativa sobre o programa "Europa cos Cidadáns" en Lugo

21 de xaneiro 2020 - Horario: 11.00 - 13.30

O Punto Europeo de Cidadanía (Ministerio de Cultura e Deporte), en colaboración co Centro Europe Direct do Concello de Lugo, organizarán unha xornada informativa sobre as convocatorias actualmente abertas do programa Europa cos Cidadáns, o vindeiro martes día 21 de xaneiro.

Europa cos cidadáns é o programa da Comisión Europea destinado a promover o sentimento de pertenza á Unión Europea e a fomentar a participación cidadá na vida democrática. Aspectos que xogan un papel destacado no proceso de construción europea e que gañaron peso ao longo dos anos, converténdose en elementos crave para o desenvolvemento sustentable e a cohesión social e, por tanto, para o desenvolvemento territorial.

Europa cos Cidadáns financia proxectos de dimensión europea relacionados coas seguintes liñas e convocatorias:

- Memoria histórica europea: apoia actividades que promovan a reflexión e o coñecemento sobre os fitos da historia recente europea.

- Irmandamento de cidades: apoia a proxectos que reúnan a ampla gama de cidadáns de cidades hermanadas para tratar temas específicos de interese europeo e en relación coa axenda política europea.

- Redes de cidades: financia proxectos multilaterais de irmandamentos e redes para desenvolver unha cooperación temática e a longo prazo ao redor de temas de interese común.

- Proxectos da sociedade civil: liderados por organizacións da sociedade civil, que inclúan actividades de voluntariado, recollidas de opinións dos cidadáns ou actividades para fomentar o debate entre os cidadáns da UE.

Na xornada presentarase un caso práctico de irmandamento, o proxecto «Contributing a more solidary Europe», liderado polo Concello de Cabanas.

Consulte o programa no documento adxunto

Lugar: CEI NODUS (Av. da Coruña, 500. Lugo)

A actividade é gratuíta ata completar aforo. Ligazón para realizar as inscricións

 

 

Estado de trámite: En trámite

Ligazóns

Comparte