Axudas, subvencións e bolsas : Axudas Europeas do Programa Horizon 2020

Axudas Europeas do Programa Horizon 2020

Sociedades Reflexivas: Patrimonio cultural e identidades europeas

Axudas europeas de apoio á investigación multidisplicar, xeograficamente equilibrada e comparativa que focalice o seu estudo na exploración das complexas relacións que as sociedades europeas contemporáneas teñen co patrimonio cultural tanxible e intangible dos principais conflitos armados do século XX (a Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial, e tamén as guerras dos Balcáns, guerras civís, revolucións, etc).

A investigación deberá proporcionar formas innovadoras, redes, ferramentas e asesoramento político sobre a forma de manter e preservar este elemento rico e diverso do patrimonio cultural europeo e a maneira de promovelo aínda máis na comunicación, a educación e o turismo a nivel de toda a UE. Espérase que estas actividades xerarán unha dinámica duradeira neste campo específico do patrimonio cultural europeo pondo en marcha novas redes de investigadores, de comunidades locais, de educación e de especialistas na preservación do patrimonio e o turismo. Tamén contribuirán a unha mellor comprensión das prácticas de conmemoración e as políticas da memoria en toda Europa.

Estado de tramite: Resolto

Comparte