Axudas, subvencións e bolsas : Axudas para impulsar o audiovisual galego na fase de promoción internacional a través da asistencia a mercados e foros

Axudas para impulsar o audiovisual galego na fase de promoción internacional a través da asistencia a mercados e foros

Prazo ata o 29 de xuño

A segunda das liñas convocadas pola AGADIC para impulsar o sector audiovisual galego canaliza o apoio da Xunta á presenza da industria audiovisual galega en mercados internacionais na procura de acordos de coprodución, vendas e distribución a nivel mundial. Neste caso, introdúcese unha modificación no período subvencionable (do 1 de decembro de 2019 ao 13 de marzo de 2020) para axilizar os pagamentos ás empresas que acudiron a feiras consideradas estratéxicas e celebradas antes da declaración do estado de alarma. A resolución foi publicada no DOG do 28 de maio.

 

Así, a Xunta reserva un orzamento de 30.000 euros para sufragar parte dos gastos de asistencia dunha persoa por empresa solicitante (desprazamento, aloxamento e inscrición) a un dos cinco mercados sectoriais recollidos na convocatoria: Ventana Sur de Bos Aires (Arxentina), Natpe de Miami (Estados Unidos), Cinemart de Rotterdam (Holanda), Marché du Court de Clermont-Ferrand (Francia) e European Film Market de Berlín (Alemaña).

 

Estas axudas resolveranse por procedemento de concorrencia non competitiva, de xeito que serán adxudicadas por orde de solicitude, sempre que se cumpran todos os requisitos das bases, ata o esgotamento do crédito ou, en todo caso, ata o 29 de xuño.

Estado de tramite: En trámite

Comparte