Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia - América
Fiel á súa cita anual co festival e como froito do encontro orquestral para novos intérpretes que o Consorcio para Promoción de Música da Coruña organiza nestas datas, o Festival de Músicas Contemplativas conta nesta ocasión coa participación da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, un conxunto que é a viva imaxe do futuro da música clásica en Galicia.