Festival de Músicas Contemplativas

O Festival de Músicas Contemplativas regresa á capital de Galicia cun cartel que inclúe 17 concertos en espazos singulares da cidade, aos que se une por vez primeira a Cidade da Cultura. Entre o 27 de marzo e o 5 de abril, o ciclo ofrece un programa diverso e de gran calidade en lugares emblemáticos da cidade compostelá coincidindo coa Semana Santa.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Capela Antiga do Orfeón Terra A Nosa

Camiño dos seus cincuenta anos de historia, unha institución de referencia na vida musical compostelá como o Orfeón Terra a Nosa presenta, a través da súa Capela Antiga, un programa de polifonía coral vinculado á catedral de Santiago. Himnos, matíns, cantos para procesións (incluída a procesión de Ramos no seu día), misas e vésperas conservadas nos arquivos do templo compostelán altérnanse con composicións de afamados mestres, transcendentais figuras na historia da música, como Palestrina, Morales, Guerrero, Victoria ou Desprez.

Galego

Banda Municipal de Música de Santiago

Cerimonias, concertos e eventos de toda índole inspiraron, ademais de composicións orixinais, transcripcións e arranxos para orquestras de ventos de himnos, marchas e corais como os interpretados neste programa pola Banda Municipal de Santiago no que encontramos pezas relixiosas, cerimoniais e melodías evocadoras (e porque non... contemplativas!), nalgúns casos moi coñecidas como a Serenata de Schubert, o Adagio de Albinoni, o Panis Angelicus de César Franck..

Galego

Lucentum XVI

A incorporación en 1443 dos reinos de Sicilia e Nápoles á Coroa de Aragón incrementou os vínculos entre as penínsulas itálica e ibérica e, sen dúbida, isto contribuíu a situar os músicos españois no centro da moda europea e latinoamericana. Excelentes exemplos das músicas do Renacemento encóntranse en manuscritos do século XVI, hoxe coñecidos como cancioneiros. Como daquela, pezas vocais a 3, 4, 5 ou 6 voces podían ser dobradas por grupos de menestreis, cuxa rica paleta de cores está representada polos cornetos, chirimías, sacabuches e serpentons de Lucentum XVI.

Galego

Meshk Ensemble

O significado literal de Sema é escoitar. Para os dervixes Mevlevi, esta palabra leva implícito estar engaiolado mentres se escoita música, en movemento e xirando. O Meshk Ensemble preséntanos distinguidas pezas da música sufí turca que cobren un amplío período dende o século XIII ata a actualidade e unha extensa área territorial arredor de Asia Menor. A segunda parte do seu concerto está dedicada á música composta especificamente para acompañar o Sema, a danza dos semazen (dervixes), e inclúe pezas perdidas e recuperadas como froito das investigacións do seu director Timuçin Çevikolu.

Galego

Real Filharmonía de Galicia

Clasicismo vienés para abrir o Festival de Músicas Contemplativas: Haydn, Beethoven e as variacións que Haydn inspirou a Brahms. Como contraste e complemento as heteroxéneas Humoresques de Sibelius: seis pezas que adoitan ser interpretadas a xeito de suite, algunhas baseadas en danzas como a gavota e a mazurca, e que amosan unha faciana distinta dun dos destacados protagonistas desta tempada, o finés Jean Sibelius.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival de Músicas Contemplativas