Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

As Alumnas

 Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres.  Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu  a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A  través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.

Galego

Arrolando as frores

..."Cando lle preguntaron na escola cantos irmáns eran ela dixo que cinco irmáns, dous alborotos e un geranio''

O resto da historia soubena despois pola súa sobriña, que deu permiso xunto coa familia para falar de O Señorito, que foi o nome que lle deron ao geranio...

*Arrolando as frores'' é unha nova sesión de narración oral e música para público adulto da man e voz de Vero Rilo e Sonsoles Penadique.

Falaremos do aborto, cantaremos a Marica Campo, revisaremos os contos colorados, namoraremos das flores e  transplantaremos a alegría.

Galego

Tilintilonia

Sinopsis: Presentamos un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións.

Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por Tilín e Tilón, cada unha co seu son. Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o aire e a auga se converten en elementos de xogo. 

Visualmente entramos nun mundo de ensoñación grazas as teas , e ao que estas suxiren,  son teas que voan e forman parte do vento, ondulan como a auga, queiman coma o lume e nos acubillan coma a terra. 

Galego

Apart en concierto

Apart nace no 2014 despois de que un grupo de amigos se xuntasen para gozar xuntos da súa paixón en común. Gravar sesións no estudo, compoñer cancións e por suposto facer bailar ao público en concertos en directo. O grupo defínese como unha banda de rock-indie influenciada por sons característicos dos 70´s como o soul, o música disco e o rock máis clásico.

Galego

Antes de que llegue la bestia

Sinopse:

Besta é a palabra chave da peza. A Besta política e económica, a Besta social, o que deixou a Besta nos nosos corpos, a miña propia Besta. A mirada sitúase no contexto socio-político actual, hoxe. Como está construído o sistema, como nos afecta, como nos relacionamos con él, como podemos evidenciar á Besta, como podemos destruír a evidencia. 

Galego

Animais de compañía

Animais de compañía é un espectáculo para público familiar e escolar dende 6 anos. Unha comedia musical en forma de fábula que vai conquistar aos máis pequenos da casa mentres viven un proceso de aprendizaxe de valores éticos.

Maxa e Fedra, unha vella cadela e unha gata nova, son as encargadas de, entre cancións, contos, relatos e liortas, ensinar a nenas e nenos a importancia do respecto ás diferenzas: de raza, de cor, de relixión, de xénero etc.

Galego

Alma de Tigre

Alma de Tigre é unha ensoñación revelada a partir da historia real de tres irmáns. A memoria, os afectos, a herdanza e os conflictos familiares dan corpo á nova creación orixinal de Elefante Elegante.

Alma de Tigre evoca a historia dunha familia pechada nunha casa ruinosa a través de cuxas fendas vanse filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada.

Á morte da nai, as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e qué facer coa herdanza. Mais a casa resístese a deixalas marchar.

Galego

A nena e o grilo máis aló

Teatro Ghazafehos: Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas.

Magín - guitarra e voz

Cristian Legiero - teclado

A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

A Nena e o grilo e máis aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas. Que pasa logo da morte?

 

 

Galego

A Lingua das Bolboretas

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios