Smoke on the water
Traxicomedia sórdida con música en directo.
Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor.
Traxicomedia sórdida con música en directo.
Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor.
Elenco: Marco Aurelio González Ortiz , Neves Rodriguez Roman, Alfonso Espiño Louro, Cristina Fuentes Gutierrez , David Vazquez Rodriguez, Carla Alvarez Gonzalez,Tareixa Martinez Barral e Francisco Javier Villasenín Montoiro.
Sinopse:
Cando Little Neno queda durmido sempre suceden cousas estrañas. Pero estrañas de verdade...
Elenco: Marni Santana e Ave Hernández
Sinopse:
Colgada dunha rama dun milenario Baobab, a mona Simona espera soñolienta a chegada do alba para saudar ao astro rei, o Sol. A todos os outros animais que pasan por baixo da súa árbore convídalles a ver o gran espectáculo, e para escorrentar o soño e a soidade da espera, pídelles que lle conten un conto.
Se a túa idea é que por causa da COVID-19 non vas poder volver bailar, estás nun grande erro. Os de Pesdelán argallaron a maneira de bailar cumprindo todas as medidas de seguridade desta nova época que nos toca vivir.
Propoñémosche un Senta que hai baile!, espectáculo no que a banda vai interpretar unha selección dos seus mellores temas e as dúas mestras aprenderannos dunha maneira moi sinxela como se bailan.
No repertorio botaremos man de bailes do mundo, centrándonos nos galegos. Nalgúns destes bailes as explicacións faranas as profesoras dende o escenario.
El dios del pop é o último espectáculo de Diego Anido
O Boletín NÓS cumpre 100 anos. Para celebralo, desde o seu berce fundacional, Sarabela Teatro e Ollovivo coproducen este Docu-Drama: celebración-indagación vizosa e crítica de enorme interese social e cultural.
Desde unha perspectiva contemporánea este proxecto achega, actualiza e espalla unha parte representativa do legado inxente de NÓS. Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos.
Se pechas os ollos é un proxecto teatral que xorde das mentes das integrantes da Cía Trémola Teatro, partindo do texto da dramaturga Carmen Abizanda. Este é o primeiro proxecto da Cía, que aposta polo teatro como ferramenta de inclusión social.
Elenco: Manuel Alcántara e Andreu Sans
Sinopse:
Unha proposta de circo persoal, fronteirizo co teatro físico (apoiado noutras disciplinas como os monicreques, proxeccións,etc.) onde a curiosidade, a intuición e as ganas de explicar as cousas dunha maneira singular son o motor principal.
Déjà-vu fala da distancia entre unha persoa e os seus soños, do que é e o que querería ser. Soños moi ambiciosos que espertan os seus aires de grandeza, pero tamén imposibles, abocándoo ao desánimo.
Soño ou realidade?
Eran as sagas unha cantiga á heroícidade de grandes guerreiros vikingos fortes e valientes, que abandoaban as súas terras ermas e denostadas polo clima nórdico e zarpaban nos seus drakar para conquistar outros pobos na procura de alimento e tesouros.
Non é o caso da Saga de Flin Havardr... un pastor que vislumbra nun sono as súas proezas como guerreiro e que na realidade leva a cabo unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación moi particular que nada ten de forte ou valiente aínda que abonda en creatividade.
Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Covadonga Berdiñas, Isabel Naveira, Ledicia Sola, Ana Santos e Merce Castro.