Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Globotolo

O pallaso Lolo fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá aos máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gags divertidos.

Un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinte parte integrante.

Divertidísimo para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown é misturada cun cóctel de risas e gargalladas.

 

Galego

Ghop!

Ghop! vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra soe completa e a nosa querida “h” non fique muda coma sempre? Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.

Galego

Gaia Babá

O mundo, devorado polos residuos, perdeu a súa cor. Frío, gris e cuberto de desperdicios é reinado por unha terrible catástrofe: o lixo.

Seres sen piedade impóñense como amos incontestábeis dunha terra erma.

Sen embargo, alguén queda neste falmaguento mundo. Alguén queda barrendo sen cesar a ondas de lixo que sempre voltan. Alguén queda sen dimitir dun propósito que parece inalcanzable. Alguén queda coa esperanza de que a natureza recupere os seus dereitos:

A meiga Gaia Baba

Galego

Gaia

Entremáns presenta unha peza didáctica para público familiar, Gaia. Realiza así o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo, Xoga.

Gaia afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: o noso planeta.

Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.

O espectáculo vai dirixido a un público infantil e familiar, a partir de 3 anos, cunha linguaxe moi atractiva e sumamente coidada.

Galego

Formigas no peto

É unha proposta innovadora e de calidade que mestura o teatro de imaxes, coa narración oral e co teatro de actor.

Trátase dun espectáculo unipersoal que fala da memoria individual e colectiva de tod@s nós e que, por medio de varios personaxes moi recoñecibles e familiares vencellados á nosa vida cotiá, dende as avóas ata nós mesm@s, vainos levando polo Bazar da Memoria do protagonista quen, dende alí mesmo, cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos, que a súa infancia... ou a nosa.

Galego

Fariña

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán.

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha. 

Galego

Falar por falar

Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos  de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño.

Galego

A música das buguinas

A música das buguinas é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, iremos descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante.

Galego

Estrela do día

Patricia Vázquez

Víctor Mosqueira

Rocío González

Evaristo Calvo

  • Sabías que se conservan mais de 400 milagres de Santa María, en códices do século XIII... en galego?

    Sabías que a Divina Señora adquiría as formas máis sorprendentes para axudar ás persoas infelices que llo pedían?

    Sabías que nos tempos de medo e incerteza que estamos a vivir, hai millóns de persoas que siguen a pedir un milagre de María, a Estrela Matutina?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios