Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

As sonoridades do tango: De Bach a Piazzola

O tango arxentino é un xénero poliédrico que amosa multitude de facianas. O Dúo Fracanapa interprétao en forma de música de Camara Concertante para violín e bandoneón, cuns arranxos suxestivos que se traducen en perlas para o ouvido. Os tons extremadamente sensibles ainda que poderosos do violín, compiten coma nun combate de loita libre, acadando unha intensidade que vai dende a nostalxia até a mais fonda alegría de vivir.

Galego

As pitas baixo a choiva

Ludivina e Tereija son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas. Pero temen que ese día choiva, pois cando esto pasa Ricardiño tolea e persegueas ate pechalas no curral... Coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e sega a xogar con elas...

Adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva’ Baseado en historias de Xentes da Barreira, O lar de Clara, O país de Erika, Amores Serodios.

 

 

Galego

Anatomía dunha serea

Elenco: Iria Pinheiro

Sinopse:

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.

Premio Maria Casares 2019 mellor actriz protagonista e mellor texto orixinal.

Galego

Almanaque musical

Almanaque musical mostra aos pequenos e pequenas o ciclo do ano con graciosas cantigas acompañadas por Pelán. Pelán ensinaranos o día que é, e todo o que abrangue o almanaque e a súa relación coa lua, as mareas, o agro, as festas. A arpa de Bea e a voz de Marcelo do Bode completan o elenco facéndonos cantar e bailar sen deixar de aprender.

Galego

Alén

Intérpretes: Silvia Lorenzo e  Daniel Celester

Sinopse:

Mamá acaba de morrer, e agora... que? Un velorio dos de antes nunha aldea perdida. Un gato desesperado. Un móbil que o cambia todo... e dous irmáns que, por querer facelo ben, viven situacións estrambóticas que os levarán á comedia.

O primeiro espectáculo profesional da Formiga narra a viaxe física e espiritual que realizan dous personaxes ao improvisar as exequias da súa nai, dúas personalidades moi distintas que terán que poñerse de acordo en cuestións tan básicas como que facer co cadáver.

Galego

Aguratrat

Elenco: Victoria Pérez, Manu Fernández e Xosé  Leis

Aguratrat! é unha adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dalhl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal.

Aguratrat! é unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.

Esta é a segunda montaxe para público familiar da compañía Pérez&Fernández, creadores de O poder de Amabel.

Galego

After the party

Dirección e interpretación: Thomas Noone

Un home sentado nunha cadeira, reflexionando sobre conversacións e encontros pasados, filtrando, tentando diferenciar o relevante do insustancial, lembrando e revivindo. A sorprendente aparición da súa alter ego permitiralle un diálogo tan intenso como absurdo. Verdades, soños e mentiras expresadas con danza e unha marioneta rebelde.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios