A cultura galega hoxe

A cultura galega hoxe

Na actualidade temos unha cultura rica e viva, que parte da tradición, pero que incorporou linguaxes contemporáneas. O feito de ser o final do Camiño que vertebrou culturalmente Europa facilitou a penetración das correntes de arte e de pensamento europeas ao longo de toda a Idade Media. A influencia da emigración a América tamén ten moito peso desde o século XIX; no século XX aviváronse tamén os contactos cos países atlánticos europeos, cos que flúe un diálogo natural, particularmente en materia  musical.

Hoxe a cultura galega aséntase sobre unhas bases consolidadas, cunha industria cultural e creativa importante, que representa un sector estratéxico para o desenvolvemento social e económico de Galicia.