A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é o departamento do Goberno autónomo de Galicia encargado da construción das políticas culturais destinadas a consolidar o tecido cultural galego, conservar e promover o rico patrimonio cultural e construír novos alicerces para a creatividade de vangarda.
Entre os seus retos principais están, por unha banda, a preservación, a posta en valor social da cultura galega e a súa dinamización social; e, por outra, a proxección das industrias, que permita incrementar a capacidade competitiva do tecido cultural, a profesionalización do sector e favorecer a súa internacionalización.