Dinamización: CIDADE DA CULTURA, ABERTA A TODOS

CIDADE DA CULTURA, ABERTA A TODOS

A Cidade da Cultura de Galicia presenta unha ampla programación para 2014

A Cidade da Cultura presenta unha programación que pon toda a potencia e beleza arquitectónica deste proxecto ao servizo da cultura, unha programación dirixida a que todos os públicos se sintan representados e a que cada persoa atope a súa razón para achegarse ao Gaiás. Con ela, este espazo énchese de vida, convidando a cidadanía a explorar os diferentes campos da arte e do coñecemento.

Ler máis

Ademais de contar xa cunha programación estable plural e multidisciplinar, atenta ás novas linguaxes e tendencias creativas, o Gaiás quere converterse tamén nunha "factoría de proxectos" que dinamice o noso tecido de industrias culturais, unha plataforma que lle dea visibilidade ao mellor das nosas expresións artísticas e un punto para o intercambio de ideas e experiencias, conectando Galicia ás redes nacionais e internacionais de creatividade e coñecemento.

Este armazón de edificios singulares, interconectados por rúas e prazas, acollen servizos e actividades destinados tanto á preservación do patrimonio e da memoria, coma ao estudo, investigación, experimentación, produción e exhibición nos ámbitos das letras e o pensamento, a música, o teatro e a danza, as artes visuais, a creación audiovisual e a comunicación. Coma lugar de confluencia e de proxección internacional, a Cidade da Cultura de Galicia revitalizará, no século XXI, a dobre vocación viaxeira e hospitalaria do pobo galego, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social.

Achégate á Cidade da Cultura:

- Programación cultural da Cidade da Cultura

- Visita o Gaiás

- Actualidade no blog da Cidade da Cultura

 Coñece a Cidade:

- Museo Centro Gaiás

- Centro de Emprendemento Creativo

- Biblioteca e Arquivo de Galicia

- Centro de Innovación Cultural

Comparte