Dinamización: INDUSTRIAS CULTURAIS

INDUSTRIAS CULTURAIS

Programas de promoción da música, as artes escénicas, as artes plásticas e o audiovisual

A industria cultural representa un sector estratéxico para o desenvolvemento social e económico de Galicia. No obxectivo de impulsar e consolidar as iniciativas do tecido cultural galego, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten en marcha un conxunto de actuacións a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que permiten contribuír á estabilidade do sector, optimizar a xestión empresarial nos procesos de produción e distribución, dinamizar o mercado interior e promover a proxección exterior da cultura galega.

Comparte