Patrimonio: A PEDRA EN SECO É PATRIMONIO
A PEDRA EN SECO É PATRIMONIO
Medidas para protexer este saber popular
A pedra en seco é unha técnica de construción tradicional en Galicia que prescinde de calquera argamasa ou morteiro. É un exemplo significativo das formas de vida tradicionais no noso país e constrúe a nosa paisaxe.
Para protexer as construcións feitas con esta técnica, a Dirección Xeral do Patrimonio, de acordo co novo marco legal da lei do Patrimonio Cultural de Galicia xa en vigor, está a traballar na documentación deste saber popular que forma parte do noso patrimonio cultural inmaterial. Para contar coas máximas fontes e apoios de cara á salvagarda desta técnica tradicional, a Dirección Xeral de Patrimonio habilitou un espazo de participación e información. Podedes entrar nel premendo aquí.