Patrimonio: MONUMENTA 2017
MONUMENTA 2017
Seguindo os pasos de camiñantes ilustres
Monumenta convídanos, un ano máis, a sumarnos as súas andainas como a mellor e máis antiga maneira da explorar, vivir e sentir o noso territorio, escenario e acubillo do patrimonio material e inmaterial galego.
Nesta edición, seguiremos os pasos xa percorridos por camiñantes ilustres como Domingo Fontán, Alan Lomax, Ruth Matilda Anderson ou Casto Sampedro.
Nestas descubertas contaremos coa axuda de convidados expertos en arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte, que nos achegan outra mirada sobre os nosos camiños, nos que se erguen edificios históricos, relixiosos ou as primeiras instalacións da Revolución Industrial.
Velaquí as oitos andainas:
1.Dous séculos do rostro de Galicia
Santiago de Compostela (A Coruña)
Sábado, 5 de agosto 10:30 h
Punto de encontro: Museo do Pobo Galego
2. Os cultos en Santa Mariña de Augas Santas
Santa Mariña de Augas Santas
Allariz (Ourense)
Domingo, 6 de agosto 11:00 h
3. Os morcegos de Santa María de Pesqueiras
Santa María de Pesqueiras
Chantada (Lugo)
Sábado 12 de agosto 11:00 h
Punto de encontro: No descenso ao encoro de Belesar
Valga (Pontevedra)
Domingo 13 de agosto 10:00 h
Punto de encontro:Colexio de Educación Primaria Xesús Ferro Couselo
5. Escoitando as Terras de Miranda
Mondoñedo (Lugo)
Sábado 19 de agosto 11:00 h
Punto de encontro: Praza da catedral de Mondoñedo
6. Pola Costa da Morte con Ruth Matilda Anderson e Manfred Gnädinger
Camelle, Camariñas
Domingo 20 de agosto 10:30 h
Punto de encontro: Museo de Man
7. Tras os pasos de Casto Sampedro
Redondela e Illa de San Simón (Pontevedra)
Sábado 26 de agosto 17:00 h
Punto de encontro: Praza-xardín de Redondela
8. Alan Lomax e os afiadores dos Peares
Nogueira de Ramuín (Ourense)
Domingo 27 de agosto 10:30 h
Punto de Encontro: Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil
Documentos relacionados
- Programa Monumenta 20172.69 MB