Equipamento: Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Arquivo Histórico Provincial de Ourense
O Arquivo Histórico Provincial de Ourense foi creado no ano 1943, sendo Jesús Ferro Couselo director do Arquivo de Facenda. A súa constitución tivo lugar despois dun proceso iniciado a raíz do Decreto de 12 de novembro de 1931. Este pretencía reunir os protocolos notariais e toda a documentación histórica dispersa en multitude de depósitos e dependencias de diversas entidades.
Inicialmente o Arquivo quedou instalado nos locais da Delegación de Facenda. A recollida da documentación dispersa iniciaríase partindo dos numerosos fondos históricos que quedaran esquecidos e confundidos entre os de Facenda. A estes irían sumándose pouco a pouco outros de diversa orixe.
En 1950 adquírese o edificio do Pazo Episcopal para a instalación do Arquivo e Museo Arqueolóxico, que sería inaugurado en 1964.
Contidos do equipamento:
Dispón de fondos
- Arquivísticos
- Bibliográficos
- Cartográficos
- Fondos especiais
- Fondos de arquivo de imaxes
A clasificación dos fondos recolle a dobre vertente do arquivo: histórico e intermedio. Ten un importante fondo de documentos medievais que abranguen dende o século X. Constitúeno documentos municipais e eclesiásticos e son unha excepción dentro do panorama arquivístico galego.
Os fondos públicos están formados pola documentación emanada do exercicio da función pública, ben sexa da Administración Central, Provincial ou Autonómica.
Os arquivos privados están constituídos por documentación procedente de casas tituladas e persoas particulares, ingresadas no Arquivo por donativos ou compras.
As datas extremas da documentación van do século X ao XX. O detalle da mesma pode consultarse neste pdf.
Titularidade e xestión
O Ministerio de Cultura é o titular deste arquivo, xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Servizos
- Servizo de lectura de microformas
- Sala de consulta e lectura, con 12 postos
- Reprografía de documentos
Acceso ás instalacións
Libre
Espazos
- Metros lineais de andeis: 4.655
- Superficie en metros cadrados: 1.745
- Número de postos: 14
Datos de contacto
Dirección: Rúa Hernán Cortés, 2 – 32005 Ourense
Teléfono: 988 223 493
Fax: 988 223 493
e-mail: arq.prov.ourense@xunta.es
Responsable: Pablo Sánchez Ferro
Director
Atención ao público de luns a venres, de 9:00 a 20:00h.
Nos meses de xullo e agosto, de luns a venres de 9:00 a 19:00h.
O Arquivo permanece pechado durante os festivos nacionais e os días: 17 de maio, 25 de xullo, martes de Entroido e 11 de novembro.