Evento: VESTIRSE, O ESPELLO DAS ÉPOCAS: HIBRIDACIÓNS E INTERSECCIÓNS DO SISTEMA DA MODA NA ERA DA ESTETIZACIÓN. CURSO DE MODA

VESTIRSE, O ESPELLO DAS ÉPOCAS: HIBRIDACIÓNS E INTERSECCIÓNS DO SISTEMA DA MODA NA ERA DA ESTETIZACIÓN. CURSO DE MODA
martes, 7 marzo, 2023 a mércores, 22 marzo, 2023
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

VESTIRSE, O ESPELLO DAS ÉPOCAS: HIBRIDACIÓNS E INTERSECCIÓNS DO SISTEMA DA MODA NA ERA DA ESTETIZACIÓN. CURSO DE MODA

VESTIRSE, O ESPELLO DAS ÉPOCAS: HIBRIDACIÓNS E INTERSECCIÓNS DO SISTEMA DA MODA NA ERA DA ESTETIZACIÓN. CURSO DE MODA

07 marzo 2023 - 22 marzo 2023

19:00-20:30 h

Coordinación: Virginia Villar

Dirección: Román Padín

Prazas: 150

Matrícula: 30€

 

Este curso propón revisitar os acontecementos e personaxes esenciais que operaron, desde os primeiros vinte anos do século XX ata os primeiros vinte do século XXI, como centros de opinión para a construción das tendencias de moda e estilo de vida desde a modernidade das vangardas ata a contemporaneidade cultural hip-hop.

Tomando as radicais ideas das vangardas como referente de partida e interpretando a heteroxénea cultura global do hip-hop como paradigmático ámbito final de numerosas manifestacións culturais tras o cambio de milenio, atopamos nese espazo temporal de pouco máis de cen anos unha nutrida sucesión de estilos socioculturais, movementos artísticos e modas que a ritmo sincopado, lento ou frenético conforman e condicionan o noso modo de vida.

Os contextos sociais e políticos que impulsaron os creadores reflíctense na autoría de obras de arte, deseños e vestimentas. Ese enorme século abarca desde os poemas teatralizados de Edith Sitwell en Façade ata os concertos de rock e pop en Coachella; desde os vestidos orientalistas de Mariano Fortuny ata os deseños que hackean as creacións asinadas por outros de Virgil Abloh en Off-White ou Louis Vuitton; desde os cadáveres exquisitos vangardistas ata o metaverso tecnolóxico.

Todas esas manifestacións culturais son as pedras angulares que reforzan condutas, acompañan movementos sociais, apoian cuestións políticas, explican os movementos antropolóxicos e orientan a deriva da identidade e a aparencia. Faremos fincapé na evolución das técnicas industriais, a ciencia ou as tendencias socioculturais e a súa relación coa cultura e os movementos artísticos. Desde os orientalismos intelectualizados, o cubismo e as vangardas do inicio do século XX, ata as siluetas heteroxéneas do mundo do capitalismo estético e a moda intercultural do século XXI creada baixo o signo integrador do traballo en equipo, as conexións en liña, as culturas musicais e a preeminencia dos posicionamentos teóricos.

Programa:

7 de marzo. De modas tubulares e outras xeometrías

8 de marzo. Entre economías, soños e liberdades

21 de marzo. Vestidos como estrelas pop-rock, novos paradigmas da moda

22 de marzo. O poder político da moda, de hackeos para facer un mundo mellor

Imparten:

Román Padín Otero (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, 1966) é autor, creador, conferenciante e docente. Doutor en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo, está especializado en moda, museos, téxtil e tendencias. Durante unha década impartiu a materia de “Análise de tendencias de moda” na Escola Superior de Deseño e Moda (Esdemga) da Universidade de Vigo. Actualmente imparte materias do módulo “Liñas de investigación” no Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda desa mesma universidade.

Persoas destinatarias:

Estudantes de moda, arte, deseño, economía e calquera persoa interesada no tema.

Inscrición:

O prazo de inscrición estará aberto desde o 18 de xaneiro ata o 14 de marzo de 2023. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal. Nel deberán indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Unha vez aceptada a solicitude, informarase as persoas rexistradas sobre como realizar o pago.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 30 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Centro de interese sobre xogos e divertimentos
3 de xuño a 30 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ler o mar: vacacións, turismo e lecer na literatura e no cine
10 de xuño a 9 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ludoteca de verán
25 de xuño a 9 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés