Evento: Luis Fercán

Luis Fercán
venres, 24 maio, 2024 - 20:30
Rúa de Concepción Arenal, 5,
Santiago de Compostela

Luis Fercán

Luis Eduardo Fernández Cano ou "Luis Fercán", como é coñecido, é unha das voces máis persoais e recoñecibles do panorama musical actual. Tras pasar por varias bandas na súa Galicia natal, en 2016 comeza o seu c...

A mestura do seu carisma e a profundidade das súas cancións, fan que te enganches e non poidas deixar de escoitalo. En 2018 publica o seu primeiro Longa Duración, ‘Greta’, cunha incrible acollida, situándoo indubidablemente entre os autores a seguir. En 2019 segue o EP ‘Furias’ cuxo single ‘110’ alcanza os 3 millóns de escoitas en spotify sen entrar en ningunha lista, confirmando o futuro brillante do cantante.
En novembro de 2021 presenta o seu novo disco ‘Canciones completas desde una casa vacía’, producido por Nacho Mur, e gravado nunha casa abandonada da súa familia, na súa Galicia natal. A crueza, sensibilidade, melancolía e verdade que reflicte esta gravación, onde case podes sentir á casa cantando con Luis, é algo realmente especial. Un disco que marcará un antes e un despois na canción de autor deste país. Luis atópase nestes momentos xirando por todo o país, onde xa anunciou máis de 30 datas… e isto só acaba de empezar.
Agora presenta o seu último disco:"Postales perdidas"
 

Máis eventos de tipo Concerto

III Tradi-Fest USC
20 de xuño a 20 de xullo
Rúa do Franco
Real Filharmonía de Galicia
18 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Atardecer no Gaiás 2024- A Pedreira
18 de xullo
Lugar de la Ciudad de la Cultura