Evento: Conversacions con Mary Beard

Conversacions con Mary Beard
xoves, 30 marzo, 2023 - 18:30
Auditorio Abanca - Preguntoiro,
Santiago de Compostela

Conversacions con Mary Beard

Conferencias coa catedrática de Historia e Literatura Clásicas.

Mary Beard (Much Wenlock, Reino Unido, 1955) é catedrática de Historia e Literatura Clásicas na Universidade de Cambridge, académica do Newnham College e profesora de Literatura Clásica na Royal Academy of Arts. Especializada no período imperial de Roma, é especialmente recoñecida polos seus enfoques renovadores no estudo da historia, incorporando novos interrogantes procedentes de moi diversas correntes, esencialmente, o feminismo, que permea toda a súa produción.

A relevancia de Mary Beard transcende o ámbito puramente académico. É unha das divulgadoras de contido histórico de maior popularidade en Reino Unido, onde os seus programas sobre a vida diaria no Imperio romano obtiveron un destacado éxito de público, un fenómeno trasladable tamén a súa produción escrita.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Actividades de inverno
10 de decembro a 28 de febreiro
Museo Provincial de Pontevedra
Peza do mes: Equipamento pesqueiro fluvial antigo
8 de xaneiro a 31 de xaneiro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada
29 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal