Evento: Peza do mes: Equipamento pesqueiro fluvial antigo
Peza do mes: Equipamento pesqueiro fluvial antigo
A presentación pública terá lugar o 8 de xaneiro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.
Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.
A peza protagonista deste mes: Equipamento pesqueiro fluvial antigo.
A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible nesta ligazón do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, cunha descrición máis pormenorizada, a reflexión sobre as súas funcionalidades ou o contexto arqueolóxico no que se levou a cabo o achado, nun estudio a cargo, neste caso, de Laura Casal Fernández.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso