Evento: Mocedades e Los Panchos

Mocedades e Los Panchos
venres, 15 decembro, 2023 - 20:30
Palacio da Ópera,
A Coruña

Mocedades e Los Panchos

Un espectáculo único e inesquecible.

Mocedades naceu na cidade de Bilbao a finais da década dos anos sesenta.

Foi fundado polas irmás Uranga no seo dunha familia numerosa cargada de moito talento musical e que xunto a outros amigos crearon o grupo vocal máis importante do mundo de fala hispana.

Izaskun Uranga, fundadora do grupo é a única integrante que permaneceu de maneira ininterrompida desde a súa fundación ata os nosos días.

Contan con máis de 30 discos no mercado e actualmente seguen gravando os seus grandes éxitos xunto a artistas de talla mundial e producidos por Jacobo Calderón, fillo do seu pai musical, Juan Carlos Calderón.

Mocedades están a celebrar as súas máis de 50 anos xunto ao Trío Los Panchos, representados pola súa última primeira voz, Rafael Basurto Lara. Eles son un referente mundial do bolero e a balada romántica.

As primeiras datas que compartiron foron un éxito total enchendo os recintos en Bilbao, Murcia, San Sebastián e en varias cidades de México e Estados Unidos.

O show que presentan é simplemente máxico, cantando ambos os seus archiconocidos repertorios e interactuando en diversos momentos do espectáculo, e en definitiva, facendo que o espectador o viva como un momento único e inesquecible.

  • Mocedades - Amor De Hombre (Sinfónico En Vivo)
  • Trio Los Panchos - Quizas, quizas, quizas.

Máis eventos de tipo Concerto

Sergio Dalma
17 de xaneiro a 18 de xaneiro
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
By the way... Abal&Bellas
22 de xaneiro
Avenida do Burgo das Nacións
Colectivo Zafra en concerto
24 de xaneiro
Biblioteca Pública de Lugo
Morricone y 100 años de Cine
24 de xaneiro
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro