Evento: Carlos Varela
Carlos Varela
Carlos Varela celebra os seus 40 anos de CARRERA MUSICAL.... O cantautor cubano Carlos Varela celebra 40 anos de intensa carreira musical cunha xira, acompañado pola súa banda, que incluirá temas clásicos e antolóxicos do seu repertorio, xunto con algunhas das novas cancións que formarán parte do seu próximo disco. Ao longo destes anos, compartiu escenario con recoñecidos músicos de Latinoamérica, como Silvio Rodríguez, Pablo Milanés, Fito Páez e Ivan Lins, e mantén unha estreita relación con artistas españois, como Joaquín Sabina, con quen compuxo a canción Tan Joven y Tan Viejo; con Miguel Bosé, con quen gravou dúas versións do seu tema Muro, e Ana Belén coa que cantou a dúo o tema Habáname para o seu álbum Peces de ciudad. O compositor cubano, nacido na Habana, recibiu o prestixioso Premio Ondas en 1995, na categoría de Mellor Artista Revelación Latino, o mesmo ano que compartiu escenario con: Joaquín Sabina por varias cidades españolas. Ademais, gravou a súa versión da canción Eses locos bajitos, de Joan Manuel Serrat para o disco Serrat, es único.
Máis eventos de tipo Concerto