Evento: Real Filharmonía de Galicia-Únicas
Real Filharmonía de Galicia-Únicas
- REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
- Chloé van der Soeterstède, directora
- Nadège Rochat, violonchelo
Fanny Mendelssohn: Abertura en Do Anna Clyne: Dance for Cello and Orchestra Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 8 en Fa maior, op. 93
Fanny Mendelssohn é unha das compositoras recuperadas nos últimos anos. A súa Abertura en Do, única obra orquestral asinada pola compositora, foi estreada nas coñecidas Sonntagsmusiken berlinesas que organizaba na súa casa e que chegaron a acoller máis de 300 persoas. A británica Anna Clyne si goza en vida de todos os recoñecementos á súa traxectoria. Presente nas temporadas das orquestras internacionais, a súa Dance for Cello and Orchestra foi definida pola crítica como unha das pezas máis conmovedoras da música contemporánea. O programa finaliza coa Sinfonía núm. 8 do compositor inconformista de maior presenza na temporada, Ludwig van Beethoven: a viveza e escritura do seu último movemento preludia xa a xenialidade da Novena.
Máis eventos de tipo Concerto