Evento: Clubs de lectura 2023-2024
Clubs de lectura 2023-2024
martes, 5 setembro, 2023 a luns, 9 outubro, 2023
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra Clubs de lectura 2023-2024
O día 13 de setembro ás 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os clubs de lectura. A inscrición poderá facerse de dous xeitos:
De xeito presencial o día 13 a partir das 9:00 h
A través de formulario a partir do día 14 ás 9:00 h ata o día 30 ás 21:00 h
Este ano contaremos con cinco clubs:
- Galego : xoves alternos de 19 a 20 h.
- Castelán : todos os mércores de 17 a 18 h.
- Francés : martes alternos de 19 a 20 h
- Voz de muller : luns alternos de 19 a 20 h.
- Cómic: Un xoves ao mes
É imprescindible ter o carné da biblioteca para poder inscribirse no club.
Cada usuario/a só poderase inscribir nun club, de quedar prazas vacantes podería facelo en calquera outro.
As inscricións son persoais. Con todo, cada usuario/a poderá anotar a un máximo de dúas persoas contándose a si mesmo.
A participación no club conleva a aceptación dunhas normas básicas.
Ligazóns
Descargas
- calendarios-clubs1.pdf22.25 KB
Máis eventos de tipo Outras actividades