Evento: Visitas escolares
Visitas escolares
As visitas escolares da Biblioteca Pública de Pontevedra teñen como obxectivo brindar ao alumnado de infantil e primaria oportunidades para o seu desenvolvemento creativo, creando e consolidando hábitos de lectura e estimulando a súa imaxinación, creatividade e curiosidade. Isto facémolo propiciando a súa participación no noso programa de alfabetización mediática e informacional e de animación á lectura
A QUEN VAN DIRIXIDAS?
Alumnado de Educación Infantil (3-5 anos) e Primaria de centros educativos de Pontevedra. Os grupos serán dun máximo de 25 alumnos/as acompañados sempre por un docente.
DURACIÓN DAS VISITAS
A duración as visitas será de 1 h máximo.
HORARIO
Mércores de novembro a maio con duas sesións ao día de 10:00 a 11:00 e de 11:00 a 12:00
CONTIDOS DAS VISITAS
Todas as actividades que se realizan nas visitas escolares están dentro do Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura da biblioteca e inclúen por unha banda o achegamento do alumnado ao espazo da biblioteca, os fondos que contén, os servizos que ofrece e á utilización dos mesmos e por outro actividades lúdico-lectoras.
Imos á a biblio (infantil 3-6 anos)
Lemos xuntos (6 a 12 anos)
PRAZO DE INSCRICIÓN
A partir do 14 de outubro de 09:00 a 14:00 chamando ao teléfono 886159249
Máis eventos de tipo Outras actividades