Evento: Deadpan Karaoke

Deadpan Karaoke
domingo, 29 setembro, 2024 - 20:00
Auditorio Municipal de Cedeira,
Cedeira
Espectáculo de teatro a cargo de Ibuprofeno Teatro

Deadpan, do inglés “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”; Karaoke, do xaponés kara (‘baleiro’) e oke (‘orquestra’).

Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, todo enmarcado nun espazo que transite do real ao onírico cunha clara ambición plástica e que capture o carácter sublime do amor a través de momentos de gran beleza. 

Deadpan é unha personaxe incapaz de sentir e de expresar emoción, o que lle outorga a autoridade e a claridade necesarias para descifrar o universo do amor a  través desta catarse cómico-musical.

Podemos nesta sociedade de narcisismo extremo lanzarnos ao baleiro do amor?

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES
19 de setembro, 19:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
KYOKI
20 de setembro, 20:00
Casa da Cultura " Ramón Martinez López" - Boiro - A Coruña
Boa sorte, mala fama
20 de setembro, 21:00
Casa da Cultura - Burela - Lugo
Onde pousa a humidade
21 de setembro, 18:00
PAZO DE GOIÁNS - Boiro - A Coruña