Evento: Os fabulosos CLEANERS

Os fabulosos CLEANERS
domingo, 14 abril, 2024 - 18:00
Auditorio Municipal ,
O Grove

Os fabulosos CLEANERS

Espectáculo de teatro a cargo de Malasombra Producións

Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia.

O creador alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo de Malasombra.

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes,  estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo para todas as idades, creado por Luis Beviá e Xoque Carbajal, con dirección de Marcos Orsi e Xoque Carbajal e interpretado por Xoque acompañado de Jouse García.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Con Area Cousasdebuxo
23 de xullo
Biblioteca Pública Municipal de Quiroga
Pirula e o misterio das abellas
23 de xullo
Axencia de Lectura Municipal de Pantón
Filipa cos contos 2024
23 de xullo
Biblioteca Pública Municipal Rodríguez Fraiz
Por que é salgada a auga do mar?
26 de xullo
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro