Evento: Museo en familia
Museo en familia
Un ano máis o Museo abre unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos, lecturas e teatro. Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.
Estas actividades están impulsadas pola Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades en colaboración coa Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, no marco do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Goberno de España).
Nesta nova edición o Museo tamén conta coa colaboración da Fundación Andrea, coa que se levarán a cabo diverso obradoiros no CHUS (Complexo Hospitalario de Santiago), polo que estas actividades serán pechadas para os nenos e nenas alí ingresados. Tamén colabora a FAXPG (Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia) polo que se contará cun interprete de lingua de signos nos obradoiros sinalados.
Para as reservas, entrar nesta páxina do Museo para facer a inscrición e enviar o formulario a reservas.mdperegrinacions@xunta.gal
SETEMBRO
23/09/2023
Obradoiro: Materiais de partida
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 6 anos
[Obradoiro con interprete de signos]
A través das obras expostas no museo iranse coñecendo as materias primas coas que foron feitas. Remata co achegamento físico a algúns deses materiais e mesmo tocalos, ben como elemento natural, ben como obxectos rematados.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
30/09/2023
Obradoiro: Unha barca, un corvo, dúas viaxes
17:30 – 19:30
No CHUS (obradoiro pechado, non admite inscricións)
Coñecemento das dúas peregrinacións que son Patrimonio da Humanidade a través dos seus selos: Camiño de Santiago e Kumano Kodo.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
OUTUBRO
07/10/2023
Obradoiro: Cunchas no balcón
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 5 anos
Que fan unhas cunchas nun balcón? Neste obradoiro traballarase sobre as peculiares vieiras procedentes da Vía da Prata e do seu curioso emprazamento na exposición.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
14/10/2023
Obradoiro: Quebracabezas
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 4 anos
[Obradoiro con interprete de signos]
Reconstrución de cacharros de barro como se fosen quebracabezas en 3D.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
21/10/2023
Obradoiro: Familias no Museo
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 5 anos
Coñecemento da diversidade de familias representadas en pezas do museo.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
28/10/2023
Obradoiro: Roupas
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 5 anos
A evolución da indumentaria dos peregrinos e peregrinas ao longo da historia.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
NOVEMBRO
04/11/2023
Obradoiro: Roupas
17:30 – 19:30
No CHUS (obradoiro pechado, non admite inscricións)
A evolución da indumentaria dos peregrinos e peregrinas ao longo da historia.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
Lectura interrompida
17:30 – 19:30
No CHUS (obradoiro pechado, non admite inscricións)
Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino
11/11/2023
Obradoiro: Quebracabezas
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 4 anos
Reconstrución de cacharros de barro como se fosen quebracabezas en 3D.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
Lectura interrompida
11:30 – 13:00
Todos os públicos
Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino
18/11/2023
Concerto: Cancioneiro do Camiño
Manoele da Felisa
18:00 – 19:30
Público recomendado: concerto familiar
[Entrada libre ata cumprir capacidade do auditorio do museo]
Charla cantada con Manoele de Felisa na que desvelará algunhas historias xacobeas.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
Lectura interrompida
18:00 – 19:30
Todos os públicos
Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino
25/11/2023
Obradoiro: Familias no Museo
11:30 – 13:00
Público recomendado: familias con crianzas de máis de 5 anos
[Obradoiro con interprete de signos]
Coñecemento da diversidade de familias representadas en pezas do museo.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
Lectura interrompida
11:30 – 13:00
Todos os públicos
Lectura pública de diferentes parágrafos do Códice Calixtino
DECEMBRO
02/12/2023
Teatro: A viaxe feliz de Ramón Sanfiz
Fantoches Baj
18:00 – 19:00
Público recomendado: teatro familiar
[Entrada libre ata cumprir capacidade do auditorio do museo]
Fantoches Baj e os seus monicreques levan ao público de viaxe ata Santo André de Teixido.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
Máis eventos de tipo Outras actividades