Evento: Apaga o candil

Apaga o candil
sábado, 28 setembro, 2024 - 20:30
TEATRO PASTOR DÍAZ,
Viveiro
Espectáculo teatral a cargo da compañía Contraproducións

O tempo da ficción dramática sitúase no intre do derradeiro alento d’O Xestal, finado á idade temperá de 59 anos. No lusco e fusco entre a vida a morte.

A peza toma como punto de inspiración estrutural e argumental os clásicos contos da visita da morte, unha tipoloxía de historias tradicionais universais que responden a un esquema máis ou menos semellante: un personaxe topa coa morte que lle vén anunciar que o seu final é inminente; o personaxe fai todo o que pode por enganar a morte e librarse do seu lúgubre designio, afán que acaba por resultar fatidicamente inútil. Na tradición galega este tipo de contos tenden a estar revestidos por unha pátina de humor e retranca que relativizan o seu carácter 

No plano persoal tocarase a cuestión da autoestima, da necesidade de recoñecemento e notoriedade. Da relativización do compromiso cívico. Os conflitos derivados da insatisfacción creativa e vital, ou da aceptación, por un mesmo e polos demais, da propia identidade nos seus aspectos máis íntimos. No plano colectivo especularase sobre a dificultade histórica (asumida, fomentada ou herdada) das clases populares galegas para prestixiaren as súas manifestacións características e, como consecuencia, prestixiárense nelas. Sobre o perigo de se instalaren nunha ollada choqueira ou esterilmente folclorizada dos elementos que definen a tradición, entre eles as artes e, nomeadamente, a lingua.

Un espectáculo que pretende ser unha homenaxe a unha figura clave da tradición popular: Carlos "O Xestal"

Máis eventos de tipo Espectáculo

Desconcerto de Nadal
22 de decembro
Carpa situada en Talo Río
Desconcerto de Nadal
23 de decembro
Praza do Concello
Cantares de Reis
26 de decembro
Teatro Principal.
Desconcerto de Nadal
26 de decembro
Casa da Cultura