Evento: Insubmisa
Insubmisa
Poida que cometese un crime terrible. Pero a cuestión agora non é a súa culpabilidade, senón o seu estado mental. Non basta con declarala culpable. Ademais, debe quedar claro que é unha enferma, una demente. Ninguén durmirá tranquilo mentres pensemos que pode existir alguén así. De xeito que ela permanece encerrada para ser avaliada. Trátase dun centro moderno onde a profesionalidade é incuestionable. E o autor do seu diagnóstico é un psicólogo intelixente que non está disposto a deixarse levar. Pero ela é demasiado complexa e fascinante como para etiquetala. Nin o amor é cárcere suficiente para contela. Defraudar todas as expectativas é a única vía para acadar unha liberdade que depende daqueles que escriben a súa historia.
Insubmisa é unha avaliación sobre as posibilidades reais de ser libre máis aló de etiquetas individuais ou de xénero. É unha denuncia sobre a cárcere de ouro na que nos encerra o patriarcado social e sobre os estigmas que as mulleres sofren mesmo baixo unha mirada progresista. E por riba de todo, é unha indagación sobre os procesos de construción do relato como forma de submisión: ¿pode ser libre a muller se o seu relato é escrito polo home?
Máis eventos de tipo Espectáculo