Evento: Lecturas que danzan. Danza e saúde

Lecturas que danzan. Danza e saúde
mércores, 28 febreiro, 2024 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Lecturas que danzan. Danza e saúde

Con Branca Novoneyra e Isabel Cuesta

Porque cada ano desaparecen espectadores das programacións de artes escénicas, Branca Novoneyra e Isabel Cuesta decidiron organizar este ciclo de lecturas na biblioteca para divulgar a arte do movemento entre persoas interesadas na lectura e na danza.

Isabel Cuesta é coreógrafa e xornalista. O seu libro El cuerpo que compone gañou o Premio de Investigación en Danza de la Secretaría de Cultura de Bogotá (Colombia). 

Branca Novoneyra é autora do primeiro libro escrito en lingua galega sobre a danza contemporánea Unha introdución á danza contemporánea. A nova danza galega (2012). Como coreógrafa relacionou poesía e danza e no eido da educación artística mantivo o Laboratorio de Movementos, un estudio dedicado á pedagoxía da danza en Santiago de Compostela no que impartiu aulas xunto a Bárbara Monteagudo, Mónica García ou Kirenia Martínez, entre outras bailarinas e pedagogas. 

Durante catro sesións empregarán documentos textuais e visuais para convocar a presenza da danza na biblioteca. Lerán textos escollidos que relacionan a arte viva conectada con diferentes manifestacións de diversos eidos como son o activismo, a saúde, a filosofía e a espiritualidade. 

Nesta segunda sesión, Danza e saúde, coñeceremos a cronoloxía das Escolas Duncan e o nacemento da danzaterapia. Apoiarémonos sobre textos escritos polas bailarinas Isadora Duncan, María Fux e a pedagoga Fedora Aberastury.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. 
 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Peza do mes: Urna de Cameixa
1 de decembro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Actividades de inverno
10 de decembro a 28 de febreiro
Museo Provincial de Pontevedra
A cultura da saúde no entorno rural
27 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Mercado de Nadal 2024
29 de novembro a 5 de xaneiro
Rúa da Carreira do Conde